Cerramos la campaña navideña con los mejores resultados. De ahí la circular deagradecimiento que enviamos a todas las familias y alumnos/as. Os adjuntamos dicha circular y una foto de nuestros voluntarios on tour. Como podeis ver, para ellos no hay mal tiempo que les impida demostrar su solidaridad...
Estimadas familias:
Unha vez finalizadas as festas do Nadal, o departamento de acción social do colexio ponse en contacto convosco para facer balance da campaña solidaria do Nadal 2009 e agradecervos unha vez máis o voso compromiso e colaboración.
RIFA SOLIDARIA. Recadáronse un total de 3.555euros que se doaron integramente ás seguintes institucións benéficas: Sor Eusebia, Escolas Pías India, Escolas Pías Polonia, Bombeiros Unidos Sen fronteiras, Asociación Renacer e Refuxio Pai Rubinos.
OPERACIÓN QUILO. os alimentos recadados (máis de cen caixas repletas de alimentos) foron repartidos ás seguintes institucións e asociacións de axuda aos máis necesitados: Sor Eusebia, Refuxio Pai Rubinos, Asociación Renacer, AEGEGA (asociación de axuda a inmigrantes sen recursos), AA.VV. O Campanario-O Portiño, chabolas Ría Santa Cristina.
OPERACIÓN XOGUETES. Os centos de xoguetes recadados foron doados ás seguintes institucións e asociacións: AEGEGA (asociación de axuda a inmigrantes sen recursos), AA.VV. O Campanario-O Portiño, chabolas Ría Santa Cristina, particulares sen recursos.
Como podedes observar, cada ano a solidariedade de toda a comunidade educativa crece e fai que poidamos sentirnos orgullosos da educación en valores que desde o centro queremos inculcar aos nosos alumnos. Sen o exemplo e a colaboración que brindades como familia todo iso non sería posible, de aí o noso agradecemento con esta circular.
Para rematar, informámosvos que podedes acceder ao blog do departamento a través do enlace na páxina do centro : www.escolapiosacoruna.es . Neste blog do DAS se actualizarán semanalmente as actividades do departamento. ¡VISÍTANOS! ¡XA ESTAMOS NA REDE! Un saúdo e feliz ano 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario