
Colgamos en el blog la circular para las familias con toda la información sobre la campaña navideña
CAMPAÑA SOLIDARIA DO NADAL
departamento de acción social
Estimadas familias:
O departamento de acción social do colexio quérevos presentar e facer partícipes da nosa campaña solidaria de Nadal consistente en tres actividades de sensibilización ao compromiso social e procura de recursos para os que menos teñen.
Outro ano máis, pomos en funcionamento a Operación Quilo de recollida de alimentos. Nestes tempos difíciles de crise que estamos pasando é máis necesario, se cabe, lembrarnos dos que menos teñen e que necesitan da nosa solidariedade para poder pasar, dun xeito mellor, estas datas tan sinaladas. Por todo isto, e porque queremos inculcar nos nosos nenos e nenas unha verdadeira conciencia solidaria e un verdadeiro espírito de nadal, pedímosvos a mesma colaboración que fixo posible que todos estes anos diferentes institucións e colectivos de atención aos máis necesitados, puidesen contar co noso apoio e solidariedade.
Podedes deixar os alimentos (non perecedoiros) na portería do colexio, ás horas de entrada e saída desde o mércores 9 ata o venres 18 deste mesmo mes (excepto os alumnos/as de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria, que os levarán ás súas respectivas clases).
Ademais da Operación quilo, pomos en marcha tamén a Operación Xoguetes. Desde este mesmo momento e ata o 15 de xaneiro, podedes colaborar para que ningún neno quede sen Reis Meigos (como xa sabedes, podedes doar xoguetes en bo estado e a poder ser envoltos en papel de agasallo, tamén na portería do Colexio excepto os alumnos/as de Ed. Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria que os levarán ás súas clases).
Para rematar, recordarvos que os vosos fillos teñen a posibilidade de participar activamente nesta campaña do Nadal, a través da venda da nosa rifa solidaria, na que todo o recadado será destinado a institucións benéficas.
Esperando a vosa colaboración, moitas grazas por facer entre todos/as un mundo máis xusto.